CENTRO DE DIVULGACIÓN APICOLA

Abierto al público sábados y domingos de 16 a 21 h.
Durante la semana concertar visita, grupos de más de 12 personas.
Actividades:
-Visitas guiadas para escolares y público en general.
-Degustaciones de diferentes tipos de miel.
- Cursos de apicultura.
- Información y asesoramiento sobre el mundo de las abejas.
- Talleres de miel, cera, jabones, champús y geles...
- Venta de productos apícolas.
INFORMACIÓN.-Llamando al teléf.- 981102249 - 661003616
E- mail.- casadomel@vodafone.es



domingo, 31 de marzo de 2013

CURSOS DE APICULTURA 2013 - CASA DO MEL



CURSO DE INICIACIÓN Á APICULTURA. AGA-2013
24 horas. CASA DO MEL – GOENTE – AS PONTES

Programa. Teórico práctico

 1ª DIA. 11/5/2013 Persoal técnico da Casa do mel.

Horario: de  10 a 13 e de 15 a 18 h.

-Importancia das abellas.

-Ciclo biolóxico das abellas

- O enxame. Desenvolvemento  ao longo do ano.

-A comida das abellas: O néctar o pole

-A casa das abellas: A colmea, partes da colmea, o panal

-Os abelleiros, equipo e utensilios, manexo do afumador

-Instalación do apiario: factores a ter en conta.

Prácticas: visita a un apiario e inspección de colmeas



 2ª DIA. 12/5/2013 Persoal técnico da Casa do mel.

Horario: de  10 a 13 e de 15 a 18 h.

REPRODUCIÓN DO APIARIO

-Os individuos da colmea.

- Nocións de selección

-Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos

-Colocación de alzas para a colleita de mel

-Calendario de traballos do apicultor ao longo do ano
Prácticas. Visita a un apiario e práctica de reprodución


3º DIA 18/5/2013         Gonzalo Veterinario de AGA

Horario: de  10 a 13 e de 15 a 18 h.

SAÚDE DAS ABELLAS

-A saúde das abellas e o medio ambiente

-Sanidade apícola: Principais parásitos que afectan as abellas, Varroa, loque, vespa velutina...

-Prevención de doenzas.

-Enfermidades da cría. Enfermidades dos adultos

-Control de enfermidades. Desinfección

Prácticas: Visita a un apiario e identificación e control de doenzas


 4º DÍA 25/5/2013 Persoal técnico da Casa do mel

Horario: de  10 a 13 e de 15 a 18 h.

ELABORACIÓN  E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS APICOLAS

-A esmelga, local de extracción do mel, equipamento do local

-Extracción. Decantación. Envasado e etiquetado do mel

-Produtos das abellas. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades

-A cera. Reciclado.A súa Influencia na saúde das abellas e na calidade do mel

-Comercialización do mel. Distintos modelos.

Practicas: Visita a un local de extracción do mel



Desenvolvemento:

3 horas pola  mañá de teoría, 3 horas pola tarde de prácticas. En caso de mal tempo só habería a teoría da mañá e a práctica adiaríase para o seguinte día, ampliando o horario de prácticas ese novo día.


Matrícula:

Para cada curso de iniciación, os interesados teran que inscribirse,como mínimo unha semana antes, sexan socios ou non.  Os non socios terán que pagar 40 € de taxas



CURSO DE ESPECIALIZACIÓN: Cría de raíñas e extracción de xelea real. 28 horas. Persoal técnico da Casa do Mel.

Días.- 8,9,10,13,16,20,21 de xuño pola tarde 4 horas cada día.
Este curso terá una taxa de 40 € a cada asistente. E haberá que inscribirse

Por E- mail.- casadomel@vodafone.es
Información teléfono.- 661003616